[5 de febreiro de 2010] A secretaria xeral da Igualdade, Marta González, valorou positivamente hoxe, no Foro Europeo de Mulleres Beijing+15, a proposta de celebrar unha V Conferencia Mundial das Mulleres, unha vez que xa pasaron 15 anos dende a celebrada en Pekín, e pode ser un bo momento para revisar os obxectivos marcados na altura e fixar novas metas en consoancia cos novos problemas da sociedade.

O concello pontevedrés de Caldas de Reis acolle, ata o 14 de febreiro, esta mostra de quince fotografías e unha poesía que pretenden plasmar a realidade das mulleres do medio rural galego no século XXI. Esta exposición está organizada pola Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral da Igualdade. Continuar...